Outros servizos

Automatización e Business Intelligence

En Ibertel acompañamos aos nosos clientes na súa transformación dixital, deseñando e integrando solucións de automatización e análise de datos que garanten un control máis eficiente, seguro e áxil dos seus proxectos, operacións e recursos.
Automatización e Business Intelligence

As nosas actuacións inclúen:

  1. DIXITALIZACIÓN DE PROCESOS Automatización de fluxos de traballo e tarefas manuais recorrentes para maximizar a produtividade e minimizar erros operativos.
  2. BUSINESS INTELLIGENCE E CADROS DE MANDO Creación de dashboards interactivos e ferramentas de intelixencia de negocio para levar un seguimento detallado e visual do estado dos proxectos, métricas e situación operativa en tempo real.
  3. EFICIENCIA DE RECURSOS Solucións automatizadas orientadas á optimización para mellorar o rendemento global.
  4. INTEGRACIÓN TECNOLÓXICA Interconexión de distintos sistemas da empresa para lograr que as plataformas e os equipos funcionen de maneira sincronizada e autónoma.